Xisco Feijóo

O de Xisco era un segredo a voces na escena tradi galega. Respectado, cando non venerado, pola súa traxectoria como cantante, bailador e coreógrafo así como polo seu labor de recuperación levado a cabo durante tres décadas, a expectación era maiúscula respecto o seu agardado primeiro traballo discográfico. E non defraudou. Nin polo continente, nin polo contido. Peixe, que chega nunha lata de conserva, é un descomunal e oportuno exercicio de exaltación da nosa identidade musical a partir dunha creación que bebe do máis puro e ancestral para achegar a modernidade alén das peixeiras.

Ler nova completa