Xisco Feijóo

Cantante, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre da ETRAD dende o 1998 e coordinador da sección de canto da OFG SonDeSeu dende o 2001, onde tamén é coreógrafo. Despois de ter feito un incesante traballo de recuperación etnográfica durante máis de trinta anos e tendo colaborado en máis de vinte discos e espectáculos de artistas de proxección internacional como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto ou Rodrigo Romaní, entre outros, atrévese en 2022 a lanzalo seu propio traballo discográfico: Peixe.

Algunhas aparicións

Aquí tes unha recolleita dalgún dos seus méritos:

– Mestre de Canto na ETRAD dende 1998.
– Director da sección de Canto da OFG SonDeSeu dende 2001.
– Director Xeral da ACF O Fiadeiro dende 1996 até 2012, coa cal dirixiu sete galas, cinco delas no Teatro Afundación.
– Director do Grupo Etnográfico A Buxaina de 2009 a 2016, co que dirixiu o espectáculo Homenaxe ao Gaiteiro en repetidas ocasións.
– Vocalista do gaiteiro Xosé Manuel Budiño entre os anos 2008 e 2014, con quen compartiu escena en diversos festivais de tres continentes.
– Compoñente da banda de Pepe Vaamonde Grupo, dende o 2013 até hoxe.
– Cantante e bailador nas compañías de Danza Nova Galega de Danza (SON) e Fran Sieira Compañía de Danza (Entresoños).
– Presentador da Sección de Músicas e Bailes Tradicionais do Luar, entre os anos 1998 e 2004, e xurado do concurso Vai de Baile do mesmo programa en 3 tempadas (2013-2014, 2016-2017 e 2017-2018).
– Mestre de danza e canto nos cursos de verán do músico Alasdair Fraser (coñecido por El Último Mohicano, Piratas del Caribe) en California, nos anos 2014, 2015, 2019 e na Illa de Skye (Escocia) no 2018.
– Coreógrafo e mestre no Conservatorio Profesional de Danza de Castela e León (Valladolid).
– Gravacións en discos de grupos como Trisquel e Ajrú (de Mercedes Peón), Quempallou, Lizgairo, O Fiadeiro, Rodrigo Romaní e Fiandola, entre outros. Espectáculos con Kepa Junquera, Berrogüetto, Carlos Núñez, Pepe Vaamonde Grupo, Xosé Manuel Budiño, Laura Cortesse, SonDeSeu e Alasdair Fraser & Natalie Hass.
– Actor e bailador en MIDAS, videoclip das amigas e recoñecidas Tanxugueiras.