Xisco Feijóo

Xisco Feijóo e Banda

La banda que acompaña a Xisco Feijóo está formada por salientables músicos como Artur Puga (percusións, voz e danza tradicionais), Martiño Malleiro (acordeón, clarinete e voz), Carlos Quintá

TRAEDE FERRALLADA

Traede Ferrallada nace para levar a cada recuncho de Galicia coñecemento sobre a tradición máis renovada do patrimonio galego. Esta xeira de concertos participativos en locais pequenos e selectos consisten

CANTARES NOS CAMIÑOS

Cantares nos camiños é un proxecto cultural e didáctico, unha viaxe polas diferentes rutas que texen a rede de camiños a Compostela. Unha experiencia a través dos diversos instrumentos e xeitos de tocar

METAMORFOSE/PEIXE

Unha proposta fresca dunha realidade que aglutina toda unha carreira dentro da música tradicional, vista desde unha perspectiva actual. “É como vexo o que fun e o que son, incluso como observo o que sentín

XISCO FEIJÓO E BANDA

A banda que acompaña a Xisco Feijóo está formada por salientables músicos como Artur Puga (percusións, voz e danza tradicionais), Martiño Malleiro (acordeón, clarinete e voz), Carlos Quintá (violín, sintetizador, percusións e voz tradicionais), Xan Pérez (ventos, percusións, voz e danza tradicionais), Xosé Liz (arreglos bouzuki, requinta, mandolina, percusións e voz tradicionais), José Manuel Díaz (contrabaixo), Miguel Fraile (guitarra española e eléctrica) e Iago Ramilo (saxo soprano, barítono e alto, percusións e voz tradicionais). A aportación de todos eles condimentada coa mestría, acordes, melodías e ritmos de antigas melodías traídas a esta modernidade actual, poñendo énfase na contemporaneidade do folk con extremo amor e coidado de non afectar o seu carácter intrinsecamente bailable. Unha masa de bica musical engrosada polo fermento artístico encarnado nos marabillosos arranxos do mestre e gran músico Carlos Quintá.

TRAEDE FERRALLADA

Traede Ferrallada nace para levar a cada punto de Galicia coñecemento sobre a tradición, para a recuperación e dinamización do folclore.

Nesta xeira de recitais e foliadas que se están a levar a recunchos do país e a locais pequenos e selectos, Xisco Feijóo ofrece concertos participativos para cantar sobre a tradición máis renovada do noso patrimonio. As sesións consisten en pura música tradicional nun percurso por varias zonas da Galicia a través das súas prácticas festivas e cotiás. Boa parte da intervención está enfocada á participación do público dalgúns dos seus temas. para o que se anima e convida a quen teña para traeren pandeireta, pandeira, pandeiro ou calquera ferrallada para colaborar.

CANTARES NO CAMIÑO

Cantares nos camiños é un proxecto cultural e didáctico, unha viaxe polas diferentes rutas que texen a rede de camiños a Compostela. Unha experiencia a través dos diversos instrumentos e xeitos de tocar e cantar que atopamos en Galicia.

Os seus obxectivos xerais teñen como nexo común crear unha actividade piloto á fin de que esta sex perdurable e imitable. Fundamentalmente relatamos obxectivos para que esta idea de interrelación socila continúe viva e se vexa espallada para a mellora no coñecemento, respeto e interese pola cultura galega dentro dunha comunidade como é Europa.

Obxectivos interculturais:
1- Acadar novos coñecementos mediante a aprendizaxe da música específica dunha cultura particular.
2. Promoción para o interese na conservación e subsistencia da cultura tradicional dos pobos como causa inexorable da existencia como pobo heredeiro dunha tradición en constante cambio e adaptación aos novos tempos e como base da sociedade actual.
3. Inculcar o concepto de resiliencia á fin de promover as diferencias culturais como vantaxes e nunca como amenazas.
4. Promoción da educación musical e desenvolvemento grupal como vía central na adquisición de coñecementos históricos, sociais, etc.
5. Introducir aquelas ferramentas e estratexias que promovan a creación libre, a improvisación carente de represións e a proposta libre de posibles solucións para resolver conflitos a través do seu uso na resolución musical conxunta.

Obxectivos humanos:
1. Utilizar a música como medio de ensino e terapia para o mellor entendemento dun xeito de vida sostible coa sociedade e co medio ambiente.
2. Acadar coñecementos e destrezas no uso de instrumentación sinxela.
3. Acadar conciencia da importancia da comunidade, a súa interrelación, colaboración e sentimento de pertenza á mesma.
4. Fomentar a unión entre os pobos a través da xenerosidade e mutua colaboración tan presente nas tradicións das culturas mais tan en perigo de desaparicion nunha sociedade moderna pero máis individualista.
5. Inculcar o concepto de resiliencia á fin de promover as diferencias humanas como vantaxes e impedimentos.
6. Promover o convencemento da necesidade dun sistema de traballo en equipo onde cada individuo aporta o seu gran de area para o ben común e o bo funcionamento da actividade grupal.
7. Favorecer e establecer nexos activos entre individuos de diferentes xeracións á fin de atopar puntos de conexión e convivencia.
8. Promoción da educación musical e desenvolvemento grupal como vúa central na adquisición de estratexias comunicativas, integradoras e participativas.

Obxectivos intersociais:
1. Promoción da igualdade, paridade e posta e valor das minorías dentro da sociedade e a través da participación en actividades musicais.
2. Promoción do respeto e orgullo polas diferentes culturas para aprender a amar a cultura propia equidistante e horizontalmente.
3. Desenvolvemento local dentro dunha rexión, rexional dentro dun estado e estatal dentro de toda a comunidade.
4. Xerar conciencia da importancia da música dentro das culturas como un sector económico salientable.
5. Inculcar o concepto de resiliencia a fin de promover as diferencias entre sociedades como vantaxes e non impedimentos.
6. Promoción da educación musical e desenvolvemento grupal como vía central na adquisición de coñecementos sobre culturas alleas e acadar o interese por coñecer intensamente a propia.
7. Promocionar a necesidade da existencia da diversidade como vía de desenvolvemento común.

Obxectivos terapéuticos:
1. Xerar unha conciencia do uso da música como terapia.
2. Promocionar a través da musica, valores, de irmandade e respecto traballando dende o punto de vista emocional.
3. Inculcar o concepto de resiliencia a fin de promover as diferentes aptitudes e capacidades humanas como vantaxes e non impedimentos para o desenvolvemento dunha actividade grupal.
4. Promoción da educación musical e desenvolvemento grupal como vía central no intercambio de experiencias personais históricas, familiares, etc. que enriquecen a integración nese núcleo social.
5. Desenvolvemento social, mental e psicomotriz. A música como medio de mellora psicolóxica en canto a autoestima, amor propio, orgullo común e desenvolvemento e incluso descubrimento e mellora das diferentes cualidades individuais.

Tipos de saberes.

Coñecemento conceptual:

Para acadar os desexados obxectivos propostos usaremos a vía dos camiños a modo de rede vertebradora secular no intercambio cultural ao loongo de toda Europa.

Neste traballo damos coñecemento da nosa música tradicional ao longo de seis camiños de peregrinación a Santiago. Os temas que interpretamos foron escollidos coidadosamente por pertencer a lugares clave dentro de cada ruta, a casi totalidade deles, foron recompilados por nós e son parte dos nosos arquivos personais.

Alén destas melodías, amosaremos a grande variedade de instrumentos que serven para acompañar o canto e que fan da nosa tradición musical unha das máis ricas de Europa en sonoridades e matices.

Convidámosvos a unha viaxe por esa rede de camiños que lvean a Compostela a través da nosa música; viaxe que comezará en Muxía, na Costa da Morte, onde conta a lenda que á Virxe se lle apareceu o Apóstolo Santiago sobre unha barca de pedra da que quedaron restos na nosa costa, dando lugar a tradicións e a cantares como o alalá co que abrimos o concerto.

Seguindo coa nosa viaxe, adentrámonos no Camiño Inglés. Esta ruta podía facerse dende A Coruña ou dende Ferrol. Foi utilizada polos cruzados ingleses, flamencos e alemáns que ían á Terra Santa e paraban a visitar o sepulcro do Apóstolo no século XII. Cando Enrique VIII rompeu coa Igrexa Católica esta vía quedou en desuso, mais non para nós que decidimos entrar pola Coruña e pasar por Cambre. De Cambre é a muiñeira que escoitaredes, tocada e cantado ao xeito das súas xentes. Neste punto, é a pandeireta da que teredes información, o noso instrumento máis coñecido xunto coa gaita de fol.

A terceira vía escollida é a do Camiño Portugués, que xa estaba asentado sobre antigas vías romanas, que vertebraban daquela a Gallaecia. No século XIX esta foi a ruta xacobea máis activa e, a influencia dos peregrinos que ían cara o norte foi tecendo unha relación cultural, económica e humana que vai máis aló das fronteiras actuais. Desta volta, pasaremos polo Lugar de Magán e polas Cortellas de Soutomaior, ámblas dúas na provincia de Pontevedra. O xeito de tocar a pandeireta a man cambiado, ou ó xeito ibérico, e a presenza do pandeiro de catro esquinas serán o obxecto de dúas novas actuacións musicais coas súas correspondentes explicacións.

O Camiño Francés, ou cuarta vía, é o de maior tradición e o máis transitado. Xa no Códice Calixtino aparece recollido constituindo unha verdadeira guía para os camiñantes seguindo esta ruta. Entramos en Galicia polo Bierzo, onde nos atoparemos con pandeiras e tambores construidos para acompañar a voz. Os Ancares e Pedrafita do Cebreiro serán as nosas paradas musicais.

A Vía da Prata ou Camiño Mozárabe entra en Galicia pola Mezquita e pasa pola comarca da Limia, lugar onde a presencia da pandeireta é tardía e o conxunto percutivo está formado por latas, tixolas, culleres, cunchas, ferriños e máis cacharros de uso cotián. En Calvos de Randín e A Mezquita atopamos bos exemplos que amosaremos.

Por último, o Camiño Primitivo, así chamado por ser a primeira ruta de peregrinación, enlaza Oviedo con Santiago. Por esta ruta pasou o primeiro peregrino, Alfonso II, que no século IX emprendeu camiño a Compostela para confirmar que aqueles restos eran os do Apóstolo Santiago, dando lugar a un fenómeno que, aínda hoxe, mantén conectada a toda Europa a través daquela rede de vieiros feitos polos pasos dos peregrinos. Ó andar este camiño, chegamos á Fonsagrada, terra de grandes e virtuosos gaiteiros que Xisco Feijóo interpreta maxestuosamente.

Bo camiño!

Procedimental:

O procedemento terá tres apartados importantes:
1. A elaboración de material didáctico previo á fin de ser enviado con antelación aos lugares onde se desenvolverá a actividade.
2. Programación de tres tipos de obradoiros: o de percusións, o de cantares e o de baile tradicional, que serán impartidos de xeito rotativo co gallo de dar a posibilidade a todas as participantes de intervir en cada un deles.
3. Concerto didáctico e participativo.

Actitudes e valores:

1. Material didáctico: dar a posibilidade, no caso de asociacións con actividades docentes, de ter un medio claro para que sexa usado como material de aula.
2. Obradoiros: integración interxeneracional e formativa. Colaboración mediante o traballo grupal e individual no que cada individuo fará us das súas habilidades, sexan cales foran estas, e sen que elo careza de ningunha importancia para o bo desenvolvemento da actividade. Axuda na procura daquela actividade que produza unha maior felicidade e satisfacción en cada unha das participantes nos obradoiros. Uso de diversos métodos didácticos adaptados a cada unha das características individuais das asistentes (adaptación pedagóxica para a integración).
3. Concerto: por tratarse dun concerto didáctico apoiado por audiovisuais, pretende ter unha finalidade informativa e demostrativa sen esquecer aquelas partes participativas onde as asistentes poderán poñer en práctica parte daquelo aprendido nos obradoiros.
Finalmente, o conxunto destas tres vías de actuación será sempre enfocado a cumprir todos e cada un dos obxectivos xerais descritos para esta actividade.

Desenvolvemento:

1. Obradoiros

1.1 Obradoiro de percusións que acompañan aos cantos tradicionais

1.1.1 Obxectivos específicos

a. Ensinar o uso de diferentes instrumentos propios da tradición galega, así como a súa orixe, uso máis común e presenza noutras culturas.
b. Acadar, mediante a motivación, as destrezas e técnica precisas para tanxer estes instrumentos.
c. Aprender o seu uso individual e conxunto como acompañamento dos cantares propostos no obradoiro de canto.
d. Adaptar estes instrumentos ás habilidades e capacidades do alumnado a fin de lograr unha participación activa individual dentro do grupo.

1.1.2 Tipos de saberes

a. Conceptual:
– Técnica do instrumento 1: as cunchas.
– Técnica do instrumento 2: a tixola.
– Técnica do instrumento 3: as culleres.

b. Procedimental:
– Uso do corpo como instrumento percutivo. Exercicios de percusión corporal.
– Actividade grupal con rotación dos diferentes instrumentos.
– Aprendizaxe progresivo mediante o uso de frases rítmicas.

c. Actitudinal:
– Integración interxeneracional e formativa.
– Colaboración mediante o traballo grupal e individual.
– Axuda na procura daquela actividade que produza unha maior felicidade.
– Uso de diversos métodos didácticos adaptados ás características individuais.

1.1.3 Secuencia didáctica

a. Apertura:
– Proxección audiovisual e introdución teórica.
– Quecemento con percusión corporal.
– Técnica de cada un dos instrumentos.
– Exemplo grupal final.

b. Desenvolvemento:
– Aulas de 20 persoas.
– Material audiovisual, pizarra.
– Material do proxecto e do alumnado.

c. Peche:
– Participación grupal conxunta entre tódolos obradoiros.
– Participación ocasional no concerto didáctico.

1.2 Obradoiro de cantos populares

1.2.1 Obxectivos específicos

a. Ensinar o uso de diferentes cantares propios da tradición galega así como a súa orixe, uso máis común e presenza noutras culturas.
b. Acadar, mediante a motivación, das destrezas e técnica precisas para cantar os temas propostos.
c. Aprender o seu uso individual e conxunto como tema principal acompañado de diferentes percusións.
d. Adaptar estes cantares ás habilidades e capacidades do alumnado a fin de lograr unha participación activa e individual dentro do grupo.

1.2.2 Tipos de saberes

a. Conceptual:
– Técnica do instrumento 1: calidades de voz.
– Técnica do instrumento 2: quecemento.
– Técnica do instrumento 3: entonación do tema a tratar.

b. Procedimental:
– Uso da voz como medio de comunicación e expresión.
– Praxias bucofonatorias.
– Actividade grupal con rotación de liderado.
– Aprendizaxe progresivo con frases melódicas.

c. Actitudinal:
– Integración interxeneracional.
– Colaboración grupal e individual.
– Procurar a felicidade no obradoiro.
– Métodos didácticos adaptados (adaptación pedagóxica).

1.2.3 Secuencia didáctica

a. Apertura:
– Proxección audiovisual e introdución teórica con PowerPoint.
– Quecemento con sons cotiáns.
– Técnica vocal.
– Exemplo grupal final.

b. Desenvolvemento:
– Aulas de 20 persoas.
– Material audiovisual, pizarra.
– Material do proxecto e do alumnado.

c. Peche:
– Participación grupal entre obradoiros.
– Participación no concerto didáctico.

1.3 Obradoiro de cantos populares

1.4 Concerto

1.4.1 Obxectivos específicos

a. Poñer en valor o noso patrimonio inmaterial.
b. Dar a coñecer a música tradicional baseándose en seis vías xacobeas.
c. Amosar a riqueza melódica e rítmica.
d. Recoñecer o papel das mulleres como gardadoras do legado musical.

1.4.2 Tipos de saberes

a. Conceptual:
– Concerto didáctico con presentación de instrumentos.
– Viaxe musical por seis camiños xacobeos.

b. Procedimental:
– Coñecemento da música tradicional dos camiños.
– Temas escollidos e recompilados polos membros do proxecto.
– Variedade de instrumentos tradicionais.

c. Actitudinal:
– Valor da música tradicional como nexo cultural.
– Promoción do traballo interxeneracional.
– Fomento de proxectos análogos e participativos.

1.4.3 Secuencia didáctica

a. Apertura:
– Actividade en directo para todas as idades.

b. Desenvolvemento:
– Doce temas da tradición oral.
– Dous temas por camiño.
– Máis de dez instrumentos de percusión.
– Participación do alumnado e público.

c. Peche:
– Intervención do centro asociativo cun tema local.
– Despedida conxunta.
– Promoción de proxectos similares usando este como modelo.

1.3 Obradoiro de cantos populares:

1.3.1 Obxectivos específicos:
a. Ensinar o uso de diferentes cantares propios da tradición galega así como a súa orixe, uso máis común e presenza noutras culturas.
b. Acadar, mediante a motivación, das destrezas e técnica precisas para cantar os temas propostos.
c. Aprender o seu uso individual e conxunto como tema principal que se verá acompañado de diferentes percusións.
d. Adaptar estes cantares ás habilidades e capacidades do alumnado a fin de lograr unha participación activa e individual dentro do grupo.

1.3.2 Tipos de saberes:
a. Conceptual:
– Técnica do instrumento 1: calidades de voz.
– Técnica do instrumento 2: quecemento.
– Técnica do instrumento 3: entonación do tema a tratar.
– Técnica corporal: desenvolvemento das habilidades para a consecución rítmica e articular.
b. Procedimental:
– Uso do corpo como medio de comunicación e expresión de sensacións e sentimentos. Exercicios rítmicos corporais e asimilación de movementos cotiáns aplicados á danza.
– Actividade grupal con rotación dos diferentes axentes de liderado.
– Aprendizaxe progresivo mediante o uso de liñas de expresión asimilables.
c. Actitudinal:
– Integración interxeneracional e formativa.
– Colaboración mediante o traballo grupal e individual no que cada individuo fará uso das súas habilidades, sexan cales foran estas, e sen que elo careza de ningunha importancia para o bo desenvolvemento da actividade.
– Axuda na procura daquela actividade que produza unha maior felicidade e satisfacción en cada unha das participantes no obradoiro de cantares populares.
– Uso de diversos métodos didácticos adaptados a cada unha das características individuais das asistentes (adaptación pedagóxica para a integración).

1.3.3 Secuencia didáctica:
a. Apertura:
– Proxección audiovisual e introdución teórica mediante Powerpoint.
– Quecemento mediante o uso do corpo como medio de expresión.
– Quecemento corporal.
– Exemplo grupal final.
b. Desenvolvemento:
– Aulas de 40 persoas.
– Material para a reproducción audiovisual.
– Pizarra.
– Material aportado polo proxecto.
– Material aportado polo alumnado: instrumentos de cociña, libreta ou similar, bolígrafo ou similar e elementos de gravación individual.
c. Peche:
– Participación grupal nunha experiencia conxunta entre tódolos obradoiros.
– Participación ocasional dentro do concerto didáctico.

1.4 Concerto

1.4.1 Obxectivos específicos:
a. Poñer en valor o noso patrimonio inmaterial.
b. Dar a coñecer a nosa música tradicional de transmisión oral, tomando como referencia seis das vías xacobeas máis transitadas.
c. Amosar a riqueza melódica e rítmica, así como a variedade de instrumentos que acompañan á voz axudando a desmontar tópicos.
d. Recoñecer e agradecer, principalmente ás mulleres, gardadoras, transmisoras e, de seguro, compositoras en grande parte do legado musical e da nosa tradición cultural.

1.4.2 Tipos de saberes
a. Conceptual:
– Ao tratarse dun concerto didáctico, alternaranse as actuacións musicais cunha breve presentación na que, dun xeito ameno, se dará información sobre as características dos instrumentos que van aparecendo en escea.
– A traves de seis camiños, facemos unha viaxe musical e organolóxica polos diferentes instrumentos que atopamos na nosa música tradicional.
b. Procedimental:
– Neste traballo damos coñecemento da nosa música tradicional ao longo de seis camiños de peregrinación a Santiago. Os temas que interpretamos foron escollidos coidadosamente por pertencer a lugares clave dentro de cada ruta. A casi totalidade deles, foron recompilados por nós e son parte dos nosos arquivos persoais.
– Alén destas melodías, amosaremos a grande variedade de instrumentos que serven para acompañar o canto e que fan da nosa tradición musical unha das máis ricas de europa en sonoridades e matices.
c. Actitudinal:
– Poñer en valor a música tradicional dunha comunidade como nexo de unión entre as diferentes culturas dun xeito transversal, integrador, diverso e respetuoso cos valores sociais actuais que deben, ou deberían, imperar en toda a sociedade democrática.
– Tomar esta actividade como un medio intencionado para acadar a participación interxeneracional promovendo o traballo colaborativo grupal sen esquecer a promoción e o crecemento como persoas individuais.
– Facer especial énfase na necesidade da existencia e desenvolvemento de proxectos análogos que favorezan todos e cada un dos obxectivos xerais desta actividade.

1.4.3 Secuencia didáctica:
a. Apertura: actividade in situ para público de tódalas idades.
b. Desenvolvemento:
– Doce temas recuperados da tradición oral recollidos polas persoas que representan este proxecto.
– Dous temas por cada un dos seis camiños que chegan a Compostela dende calquera punto de Europa.
– Máis de dez instrumentos de percusión diferentes, segundo foron recollidos nos lugares de onde son orixarios os temas.
– Tres momentos clave de participación do alumnado asistente aos obradoiros.
– Constante participación de todo o público asistente.
c. Peche:
– Intervención do centro asociativo de acollida do proxecto mediante a interpretación dun tema local.
– Despedida conxunta (proxecto / centro asociativo) cunha marcada conclusión que promova a participación, elaboración e promoción de proxectos análogos tendo este á súa enteira disposición como modelo a imitar ou mellorar.
– Ordenación do proxecto, promoción de que este sirva como base a ourtos proxectos desta índole promovidos por aquelas asociacións inmiscuídas nesta primeira experiencia.

METAMORFOSE/PEIXE

Unha proposta fresca dunha realidade que aglutina toda unha carreira dentro da música tradicional, vista desde unha perspectiva actual. “É como vexo o que fun e o que son, incluso como observo o que sentín, da maneira na que o sentín, as pegadas que quedaron e o que hoxe sinto cando recorro as señais que todo eso deixou no meu ser”. Xisco Feijoó.

Nesta ocasión Xisco, despois de dous anos de xira con este ilusionante proxecto nado nos inicios da pandemia, quere poñer un punto e seguido a partir do cal, no ano 2024, irá tomando novas formas, añadindo cores e sonoridades e novos temas ata a creación dun nuevo ser, produto da metamorfose real que todo artista experimenta a través das diferentes experiencias vividas.

Xisco despide PEIXE tal e como o coñecemos facendo acopio de todas e cada unha das sensacións musicais e personais destes dous últimos anos, subíndose ó escenario cun espectáculo completo de música, danza y arte, coa axuda de todalas colaboradoras que fixeron medrar este acuático animal, deron en alimentalo para darlle libertade plena e deste xeito, deixalo evolucionar e, definitivamente, SER.

PEIXE eríxese como un paso máis na extensa carreira musical, docente e investigadora de Xisco Feijoó, que comezou, como di el mesmo, cando o seu pai Pepín, O Feijoó, lle puxo a gaita do Catono ás costas, na aldea de Sistín do Mato, nas terras de Sober, na casa da Tía Helena, a súa salvadora.

PEIXE está preñado da esencia máis fonda da música tradicional, vista dende unha mirada contemporánea e interpretada dende a modernidade e dende a visión dun século XXI dominado polas novas tecnoloxías pero onde se respectan e valoran con emocionante orgullo as orixes e tradicións máis puras e ancestrais.

PEIXE fala de todo aquelo que queremos ser e non somos quen. E daquelo que somos e non desexamos.

PEIXE fala da súa aceptación con horizontalidade deixando ben atrás a resignación.

PEIXE é entender que entre nós até onde alcanza a ollada non hai peixeira que nos peche.

PEIXE somos cada un de nós, únicos e irrepetibles.