Xisco Feijóo

El folk moderno de Xisco Feijoo sube a Beade esta noche

O cantante e bailador Xisco Feijoó presentará esta semana en directo, en Galicia, o seu primeiro disco, Peixe. Serán tres as citas nas que se poida gozar, ao vivo, dun álbum e espectáculo que achega unha visión contemporánea sobre a música de creación colectiva. Vigo, as Festas da Peregrina de Pontevedra e o Festival Intercéltico de Moaña serán as tres primeiras paradas desta xira, que augura alegría, orgullo e contemporaneidade.Con Peixe, Xisco Feijoó pretende achegar, desde a súa óptica particular, unha visión atrevida, moderna e contemporánea sobre a música de creación colectiva galega. O disco, composto por dez temas, pon en valor o papel da cantiga tradicional, da que o artista salienta a súa identidade e significado propio, e sobre as que que fía un relato de historias con tintes autobiográficos e conectadas por un eixo común: a diversidade humana. O primeiro concerto terá lugar en Vigo hoxe. Tres días despois, o xoves 29, o cantante e bailador actuará na Praza da Ferrería (22.00 horas), en Pontevedra, no marco dunha nova edición das Festas da Peregrina. E a terceira cita da semana que vén porá o broche dourado a esta quenda de presentacións: Xisco Feijoó actuará o 31 de xullo, ás 22.30 horas, no XXXVII Festival Intercéltico do Morrazo, en Moaña. Xisco leva unha incesante labor de recuperación etnográfico polas aldeas galegas ao longo de máis de trinta anos.